Comarcas

@ConcelloNigran inicia a mellora das rúas Gándara e Ponte Muiña que dan acceso ao Porto do Molle

O Concello de Nigrán iniciou este martes pasado as obras de mellora ás rúas Gándara e Ponte Muíña que dan acceso ao parque empresarial Porto do Molle e que supoñen un investimento total de 220.000 €, dos que a Xunta subvenciona 120.000 €, como parte da «mellora de accesos ao parque empresarial» -os 100.000 € que aporta o Concello son a cargo do convenio de aproveitamento de Porto do Molle asinado en 1999 con Zona Franca-.

Os traballos, que deberán estar executados antes do 15 de novembro, corren a cargo da empresa adxudicataria, Fechi, e contemplan a sustitución da capa de rodadura, iluminación -en Gándara non existe-, instalación de saneamento e mellora da sinalización horizontal e vertical e creación, ademais, dun cebreado peonil pintado e delimitado lonxitudinalmente.

“Trátase de dúas rúas fundamentais no acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor e que actualmente se atopan en pésimo estado, cun firme completamente deteriorado, provocando as lóxicas queixas dos seus usuarios, polo que consideramos esta obra prioritaria”, resume o alcalde, Juan González.

A rúa Ponte Muiña é de dobre sentido cun ancho medio de 6,3 metros e unha lonxitude de 700 metros, mentras que a rúa Gándara ten sentido único, un ancho medio de 7 metros e unha lonxitude de 381,2 metros. Non goza de beirarrúas ou delimitación para peóns, por iso, co obxectivo de reforzar a seguridade dos camiñantes, contémplase a creación dunha senda peonil mediante o pintado dun cebreado lonxitudinal que permitirá dar continuidade ás beirarrúas incompletas do entorno da glorieta que da acceso ao parque en Ponte Muíña. A senda tamén dará continuidade as beirarrúas da rúa Gándara, ao lado do Mercadona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.