Comarcas

O PP ‘contrahumaniza’ Salceda

O portavoz do PP de Salceda, Rodríguez Davila.
O portavoz do PP de Salceda, Rodríguez Davila.

Dúas propostas alternativas ao proxecto de humanización do Goberno local de Salceda. Iso é o que presentou hoxe o grupo municipal do PP, un proxecto que afecta ás rúas centrais Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez para levar adiante unha humanización «dun xeito ordenado, no que convivan vehículos e peóns, evitando o caos circulatorio que é o que se producirá se se impide cruzar o centro”.

As modificacións ao proxecto presentado polo Goberno local centránse, sobre todo, na posibilidade de acceder ao centro da vila pola Avenida de Galicia, no aumento do número de prazas de aparcadoiro e na creación dunha zona verde, para unha maior rotación no aparcamento de vehículos que permitiría un estacionamento de 45 minutos cunhas 6 prazas en Joaquín Fernández Sestelo.

O PP propón gañar prazas desprazando á parte dianteira da Praza do Concello a zona de carga e descarga, onde tamén propoñen os colectores de lixo soterrados. A maiores, tamén se contempla a creación, nese mesmo punto aparcamentos para motocicletas e discapacitados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.