Galicia

O Minsiterio de Transición Enerxética cita a Concello e Xunta para tratar o abastecemento de auga a Vigo

O Ministerio de Transición Enerxética vén de comunicar ao alcalde a celebración dunha reunión a tres bandas entre o Ministerio, a Xunta e o Concello para abordar o problema do abastecemento de auga en Vigo.

Segundo informa o Goberno local, esta reunión é resultado do encontro mantido o día 28 de agosto en Madrid entre Teresa Ribera e Abel Caballero.

O Ministerio, que dirixe este proceso, trasladou ao alcalde o seu interese en que esta cita teña lugar o antes posible, pois “considera absolutamente prioritario solucionar de forma definitiva o problema do abastecemento de auga en Vigo e a súa área”.

Abel Caballero subliña que “por primeira vez en sete anos, un Goberno de España se toma en serio esta demanda” o que cualifica de “gran noticia” pois “desbloquea a solución a un problema central na cidade”.

Para o alcalde “esta decisión contrasta co desentendemento total de Feijóo nesta cuestión no último ano: mentres Feijóo actúa en contra de Vigo, os demais achegamos solucións”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.