'Qué te cuentas?' Galicia

@MareaVigo culpa ao alcalde da situación dos traballadores da ORA e pídelle que os reciba

Marea de Vigo incidiu este martes na responsabilidade “última e máxima” do alcalde de Vigo na situación do cadro de persoal de Dornier, en folga tras os 8 despedimentos da concesionaria, tal e coma sinalara, no mesmo senso, hai uns días, a voceira do Partido Popular.

«Abel Caballero, como alcalde, como o presidente da Xunta de Goberno Local e como asinante da mesma que decidiu adxudicar o contrato deste servizo a Dornier, ten que recibir ao conxunto das traballadoras e traballadores desa concesionaria. Agora, debería explicarlles a cada un deles e delas como vai materializar ese apoio que daba no Pleno do Concello cando dicía que mentres el fora alcalde non habería despedimentos», declarou aos medios o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Ao seu xuizo, «as causas para botar a esta empresa fóra da concesión están claras, e non existe motivo algún para acudir a ningún organismo xurídico posto que a propia documentación coa que as empresas participaron na licitación reflicte perfectamente as condicións do contrato», condicións, segundo a Marea de Vigo, que «se están incumprindo dende o inicio da vixencia do contrato. O prego do contrato que asinou esta empresa contén un listado do persoal a subrogar, polo que, de modo inmediato, estes despedimentos significaron xa a anulación do contrato, non fai falla ir máis lonxe», salientou Pérez.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo cuestiónase os motivos polos que este contrato foi adxudicado deste xeito, e alerta que vai ir tras esta empresa en todos os contratos que ten asinados neste Concello -XER e o aparcadoiro da Praza de Portugal- xa que “non debería figurar en ningún deles”.

Para Rubén Pérez, “o máis grave e que, sabendo tanto o Goberno local como a empresa o custe dos salarios da Xestión do Estacionamento Regulado, Dornier decidira ofertar cun 30% de rebaixa, e o goberno decidira adxudicarlles o contrato».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.