Ciencia y Tecnología Destacados

O Concello suspende o baldeo de auga e pide aos veciños un «consumo responsable»

Caballero anuncia medidas para ahorrar agua y culpa a la Xunta de las limitaciones del abastecimiento

Imaxe: ARQUIVO Abel Caballero en Zamáns/O alcalde anunciou este martes que deu orde de que se suspendan os baldeos na limpeza das rúas da cidade e pediu ás veciñas e veciños un “consumo responsable” da auga.

Abel Caballero sinalou que a presa de Zamáns estaba o pasado luns ao 66,41% da súa capacidade -a semana pasada estaba preto do 70%- e o de Eiras, ao 78,94%, o que supón tres puntos menos que hai sete días -o consumo medio da cidade de Vigo no verán-. Estes datos revelan, explicou o alcalde, que “nestes momentos temos tres semanas de auga máis que o ano pasado e unha semana máis de consumo que o promedio da última década, o que significa que estamos mellor».

A pesar desta mellor situación, e dado que no se auguran choivas moi abundantes nos próximos meses, o rexedor adoptou a decisión de parar os baldeos e pediu «firmemente» consumo responsable. Neste mesmo senso, anunciou o envío de cartas aos alcaldes e alcaldesas de municipios da Área de Vigo que reciben auga desde esta cidade solicitando que adopten as mesmas medidas de consumo responsable.

Abel Caballero criticou de novo a actitude do presidente Feijóo porque, mentres que o Concello xa adoptou medidas de aforro de auga, o Goberno de Galicia, un ano despois, nin sequera iniciou a tramitación do transvase de emerxencia para garantir o subministro de auga a Vigo e nove concellos que suman medio millón de habitantes cunha «unha situación de abastecemento de auga moi precaria».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.