Vigo al minuto

A pinacoteca empeza a ter alicerces

PinacotecaA vindeira semana comezarán os traballos de cimentación do edificio que albergará a nova Pinacoteca de Vigo co obxectivo é que a obra estea rematada a finais deste ano e a principios de 2011 se realice o traslado das obras. O eixo da actuación será a remodelación do Pazo de Arias Taboada, o máis antigo de Vigo, que permitirá realizar unha completa reestruturación dos espazos, que afectará fundamentalmente aos dous edificios anexos. O tenente de alcalde que hoxe visitou as obras, aalientou que o proxecto, cun orzamento aproximado de 3 millóns de euros, «contribuirá á recuperación e dinamización da parte alta do Casco Vello».

A nova pinacoteca terá unha planta baixa e tres andares, unha entreplanta técnica e un cuarto andar que corresponde coa torre do pazo e a fachada se está desmontando para a súa reutilización. A planta baixa terá o seu acceso na fachada principal do pazo, albergará a recepción, o punto de encontro e terá dous espazos expositivos e unha galería. A seguinte planta acollerá a denominada sala nobre, que contará con tres salas expositivas e unha galería. O segundo e terceiro andar terán, cada unha delas, unha sala e unha galería. No soto, estarán os aseos e os espazos para o traballo do persoal. En total, a nova pinacoteca vai ter unha superficie construída de 1.542 metros cadrados e unha superficie expositiva de 1.475 metros cadrados.

Santiago Domínguez destacou que esta nova instalación cultural permitirá sacar á luz moitas obras que hoxe non se poden expoñer no Museo de Castrelos por falta de espazo e salientou que esta pinacoteca, xunto ao novo Centro Galego de Fotografía, así como os recuperados xacementos de Toralla e O Castro «completarán o plano museístico da cidade».

Respecto ao inicio da segunda fase das obras no Casco Vello, que comezaron hoxe, o tenente de alcalde declarou que seguirán no 2011 e afirmou que o seu compromiso electoral «está cumprido» co inicio destas obras e que no seguinte mandato conseguirase o 100% da recuperación do barrio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.