Galicia Vigo al minuto

@abelcaballero pide un «consumo responsable» de auga por si temos un outono seco

«Quero pedir á cidade consumo responsable de auga, temos que estar preparados por se temos un outono seco, xa que sabemos que a Xunta non vai a axudar a Vigo». Este foi o chamamento que fixo este martes o alcalde ante a posibilidade de que poida pasar o mesmo do ano pasado.

Na actualidade,o embalse de Eiras, o principal abastecemento de auga á cidade, atópase a un 93%de ocupación cando en agosto de 2017 estaba ao 85%. Pola súa banda, en Zamáns a cifra sitúase no 85%, sendo hai un ano do 77%. «É moi boa noticia, pero temos que estar preparados, porque temos que curarnos en saúde», sinalou Caballero.

A media dos últimos dez anos a principios do mes de agosto está no 88,5% de ocupación en Eiras, polo que a presa presentan a día de hoxe uns cinco puntos máis alto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.