Cultura Galicia

Morre o presidente Albor aos 100 anos de idade

O ex presidente do Goberno de Galicia Xerardo Fernández Albor morreu  este xoves en Compostela aos 100 anos de idade. Fernández Albor foi presidente do Goberno galego de novembro de 1982 ao 15 de setembro de 1987, cando prosperou no Parlamento de Galicia unha moción de censura na súa contra que levou á Presidencia a Fernando González Laxe.

Médico de profesión, Xerardo Fernández Albor, licenciouse na Facultade de Medicina e Ciruxía da Universidade de Santiago. Foi o candidato de Alianza Popular á Xunta nas eleccións de 1981 nas que obtivo 26 dos 71 deputados que integraban daquela a Cámara e xurou o cargo de presidente en xaneiro de 1982.

Fundador do Partido Popular de Galicia, no ano 1989 foi elixido eurodiputado, escano que mantivo durante unha década ata que en 1999 puxo fin a súa actividade política.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.