Vigo al minuto

O Goberno local asegura que inviste preto de 6,5 millóns na mellora da contorna de Torrecedeira

Na primeira fin de semana, o dispositivo municipal funcionou con normalidade, segundo sinalou este luns o segundo tenente de alcalde,  con presenza de dúas patrullas da Policía Local tanto o sábado coma o domingo.

O plan do Concello, lembrou David Regades, contempla a vixilancia policial no entorno de Torrecedeira, unha mellora da iluminación, da limpeza e dos xardíns, presenza de catro Coidadores de Barrio na zona e tamén a execución de humanizacións e investimentos.

Estas obras, engadiu, ascenden a 6.450.000 euros e mellorarán a situación do entorno. Así, o goberno de Vigo ten xa en obras a remodelación do parque Camilo José Cela cun investimento de 2,8 millóns de euros, cun elevador que dará continuidade ao ascensor xa operativo entre Pi y Margall e Camelias, unha reforma que inclúe ademais cámaras de seguridade nos embarques ao elevador, novo pavimento, unha gran área de xogo infantil, arborado e espazos verdes, e novas canalizacións de pluviais, rego, saneamento e drenaxe, xunto a alumeado LED máis eficiente.

O Concello continúa coa humanización de Marqués de Valterra, cun orzamento próximo ao millón de euros e que tamén suporá a instalación dun ascensor de conexión con Torrecedeira. Unha medianeira será decorada no marco do programa municipal «Vigo Cidade de cor», ao que hai que engadir, lembrou Regades, que o goberno vigués mellorou o acceso ao colexio Ramón y Cajal.

O tenente de alcalde anunciou o inicio «inmediato» da humanización de Camilo José Cela, con case 700.000€ de investimento, e a licitación «en breve» da remodelación da rúa Pazos, con case 200.000€ de orzamento para o tramo comprendido entre Menéndez Pelayo e López Mora. Por último, o Concello acometerá a renovación do abastecemento e do saneamento en Baixada a Pontillón con máis de 150.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.