Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello compra un solar de 231 metros cadrados de Elduayen para crear no mesmo vivendas de protección

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), vén de adquirir o solar situado na rúa Elduayen 31, un terreo de 231 metros cadrados, dos que 125 corresponderían á superficie edificada. Ata o de agora, unicamente se procedeu á demolición da vivenda preexistente e parte da cimentación.

Neste solar, que ten tamén saída á rúa Ferrería, existía con anterioridade unha vivenda, de planta baixa e dous pisos, que foi demolida polos anteriores propietarios. Agora será rehabilitada para crear na mesma vivendas de protección, de acordo cos obxectivos fundacionais deste organismo.

Con esta última operación de compra, o Consorcio do Casco Vello de Vigo leva adquiridos 75 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e tres están en execución. Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 88 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 17 restantes en fase de adxudicación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.