Vigo al minuto

O novo parque infantil de Venezuela estará funcionando a principios de xuño

O novo parque infantil da rúa Venezuela, que contara con máis de 1.000 metros cadrados de superficie, e no que o Concello investiu  766.000€, estará en funcionamento nun prazo de 15 días, segundo indicou este martes pola mañá o alcalde.

As obras incluíron a impermeabilizón da praza, a colocación dunha xardinera lateral e novas beirarrúas, unha escalinata de acceso e pasos de peóns con resalto, semaforización e balizas para peóns, novos pechamentos acristalados para mellorar a seguridade das cativas e, ademais dunha nova área de xogos, baranda e chan de goma de cores.

Abel Caballero lembrou que na rúa Venezuela, “unha das máis poboadas de Vigo”– tamén se están a substituír 1,5 km de tubaxes de abastecemento, “logo de que atopsemos conducións de fibrocemento” e que a principios de xuño empezará a humanización completa da rúa, coa habilitación do carril bici, dende a Praza do Bicentenario, preto do Concello, ata a rúa Pizarro, un traballo que contará cun orzamento de 6 millóns-asumido nun 60% pola Deputación de Pontevedra en un 40% polo Concello- e que se desenvolverá en cinco fases.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.