Cultura

@depo_es reabre este martes, día 15 o Castelo de Soutomaior que foi visitado esta fin de semana por un milleiro de persoas

A Deputación de Pontevedra reabre este martes, día 15, o Castelo de Soutomaior “cunha gran gala repleta de música e moitas sorpresas”, tal e como avanzou a presidenta  do organismo provincial.

O evento, que terá lugar a partir 7 da tarde, servirá para presentar publicamente o “vangardista proxecto de musealización” que vén de rematar Deputación no Castelo.

Carmela Silva amosou este luns a súa satisfacción pola “altísima” demanda que está a rexistrar o castelo tralo anuncio da súa reapertura. “Onte pola tarde tivemos a primeira das xornadas de portas abertas e foi un éxito absoluto, rexistrándose preto dun millar de persoas, con ata grupos de homes, mulleres e moitos nenos e nenas procedentes de Portugal e Alemaña”.

As xornadas de portas abertas continuarán os días 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11 e 17 horas, a partir do 21, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico [email protected] xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.

A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000€ “para dotalo de contido, de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo”, asegurou a presidenta provincial. De feito, o castelo conta con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.