Vigo al minuto

Dende o luns funciona un Vitrasa ‘nocturno’ que da servizo aos viaxeiros que chegan a Peinador no último vóo procedente de Madrid

O aeroporto de Vigo conta desde este luns, 2 de abril, cunha nova liña de autobús nocturna que presta servizo aos pasaxeiros que chegan cada día á cidade no último voo procedente de Madrid, as 11 e 20 minutos da noite.

«É unha nova liña nocturna de Vigo ao aeroporto en transporte urbano, feito e financiado desde o Concello», salientou este martes o alcalde.

O autobús foi utilizado por oito persoas na súa primeira viaxe e o servizo esperou á chegada do avión, que aterrou en Vigo con atraso. «A esa hora xa non hai autobuses, polo que decidimos poñer unha liña que cubrise o voo», indicou Abel Caballero.

O alcalde lembrou que a Xunta ten un transporte similar para o aeroporto de Santiago ao que lle adica 340.000€ e lamentou que a administración autonómica rexeitase o convenio para poñer en marcha un transporte similar en Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.