Comarcas

@devacasDV, este venres en @AsNevesConcello, no día grande da ‘Feira do Requeixo e do Mel’

Este venres, ‘día grande’ da ‘Feira do Requeixo e do Mel’ de As Neves, se abrirá ás 11 da mañá e na que o pregón estará a cargo de Lucía Freitas, do restaurante ‘A Tafona’, de Compostela, e integrante do ‘Grupo Nove’, que cociñará, en directo, na Praza Maior, xusto antes de que chegue o momento da degustación do Requeixo, no mesmo lugar á 1 da tarde.

Xa ás 5, @s folier@s de Lavadores traerán a música tradicional, antes do inicio de ‘Saaabor’, unha actuación infantil á que seguirá o espectáculo cómico de Fran Rei e Félix Rodríguez, que dará paso, ás 6 da tarde do obradoiro de Rexeneración Ambiental, da man de Faia.

O día rematará co show do grupo ‘De Vacas’, que encherá a Praza Maior coa súa orixinalidade, o seu ritmo e as súas letras.

Xa o sábado, día 31, a programación complétarase coa ‘Sesión Vermú’, unha das novidades deste ano, de 11 e media da mañá a 1 e media da tarde, tamén na Praza Maior, da man de ‘Licicleta Disco Retro’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.