Cultura Vigo al minuto

O sábado preséntase en Vigo, cunha festa, a nova asociación sociocultural ‘As da Industria’

O vindeiro sábado, día 27, a Asociación Sociocultural As da Industria, preséntase oficialmente, cunha festa programada no Parque García Picher –fronte ao Toys’r Us-, na que haberá xogos populares e animación infantil, maxia, sesión vermú ou un xantar popular, entre outras actividades.

A asociación empeza a traballar cos obxectivos de promover e divulgar a Cultura Galega en calquera das súas expresións, e de revitalizar o barrio por medio de encontros cos seus veciños e o estudo e proteción do seu patrimonio material e inmaterial.

Para levar adiante estes fins, a asociación quere poner en marcha proxectos como a celebración de concertos, festas, proxeccións, representacións e calquera outra actividade de expresión artística;  charlas, obradoiros, roteiros, exposicións, mostras e outras actividades de difusión cultural e de promoción do coñecemento en xeral, e do relativo á historia e presente do barrio en particular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.