Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Concentración, este martes, en contra da zonificación escolar de Vigo

Delegados da Xunta de Persoal Docente desenvolverán unha concentración diante da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra este mércores, día 17, a partir das 11:15 horas para rexeitar a imposición da zonificación escolar de Vigo. Dende a CIG-Ensino amosan o seu rexeitamento a unha proposta que reduce de 10 a 4 a configuración das áreas e que suporá a eliminación de postos de traballo do profesorado.

Na CIG-Ensino de Vigo critican a proposta da inspección polo feito de que non se atopa debidamente fundamentada, xa que non inclúe análise da situación actual, exposición de motivos, criterios aplicados ou razóns que sustentan as decisións tomadas. “Trátase, en definitiva, dunha proposta arbitraria”, denuncian.

Están de acordo no feito de que Vigo precisa unha nova zonificación, mais non deste xeito. “Non podemos admitir baixo ningún concepto que alumnado dos centros públicos se vexa privado, nalgúns casos, do dereito a cursar estudos secundarios en centros próximos aos seus domicilios, mentres este dereito se lle garante aos centros concertados”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.