Vigo al minuto

@anaponton pide ao Goberno de Galicia que dote xa de 223 millóns ao Servizo de Atencion Primaria para acabar co caos nas Urxencias pola gripe

A voceira nacional do BNG esixiu este luns ao Goberno de Galicia que dote de 223 millóns de euros aos Servizo de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e que o faga con unha modificación urxente dos orzamentos, logo da vaga de colapsos nas Urxencias dos hospitais galegos pola gripe.

En rolda de prensa, Ana Pontón pediu a demisión dos responsábeis desta situación e  retirada da ‘Lei de Saúde Pública’, impulsada polo presidente Feijóo que, subliñou, “contribúe a desmantelar” a Atención Primaria.

Pontón reclamou, ademáis, que aumente o número de médicos de xeito que cada un deles teña un máximo de 1.200 tarxetas sanitarias; esixiu, tamén, que se acabe coas trabas para que os médicos poidan pedir probas aos especialistas e, finalmente que se substitúa ao 100% dos doutores que causan baixa en Atención Primaria, considerando que a media de idade é xa de 55 anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.