Galicia

@carmelasilva cualifica 2017 como un ano «máis que positivo» que situou á provincia coma un referente de todo o Estado

A presidenta da Deputación fixo balance do ano 2017 e cualificouno de “máis que positivo”. “Necesitaría varios días para poder contar todo o que fixemos neste ano, foi extraordinario en canto a xestión e proxectos, que están a situar a provincia na vangarda con iniciativas coas que xa somos un referente en todo o estado, subliñou.

Carmela Silva amosou especial satisfacción pola aprobación este ano dos Plans Estratéxicos de Turismo e de Deportes así como a posta en marcha do novo modelo de tratamento dos residuos sólidos ao través da compostaxe. Tamén, do novo Plan Concellos que os municipios da provincia terán o seu dispor a partir de xaneiro.

“Un ano máis falamos dun Plan cun reparto de recursos de forma equitativa e transparente, con total respecto á autonomía local, e que en 2018 suma 42 millóns de euros máis os 30 millóns da liña 1 do 2019 para permitir que os concellos teñan máis fácil acometer proxectos de maior envergadura”.

A presidenta da Deputación puxo especial relevancia nunha das prioridades que o goberno marcou coa súa chegada ao Pazo Provincial. “Falo do primeiro plan de igualdade desta Deputación de Pontevedra que fomos capaces de aprobar. Fixémolo despois de dez anos de aprobarse a Lei, que non existía nesta institución a pesar de que fose obrigatorio”. Silva cita tamén o novo modelo de mobilidade “temos ducias de proxectos moi importantes nas estradas da provincia e con criterios do século XXI como son a seguridade e a recuperación do espazo publico para as persoas”. E tampouco esquece a cultura. “Temos un potentísimo proxecto que está a percorrer os 61 concellos da provincia“

Silva tamén destacou deste 2017 “a enorme aposta que fixemos como nunca polas políticas sociais. Desde que chegamos sempre dixemos que viñamos a gobernar para a xente e estou moi satisfeita porque estámolo a conseguir. A maior parte das cuestións que teñen que ver coas prestacións sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes son posibles grazas á Deputación de Pontevedra, e as nosas iniciativas teñen crecido este ano dunha forma exponencial“, sinalou.

A presidenta provincial avanzou que o 2018 que comeza será “tan positivo ou máis que o 2017. Quero que as veciñas e veciños saiban que imos poñer en marcha moitos máis proxectos que permitan avances no económico, no social, que avancemos cara a un turismo sostible e que todo elo converta a esta provincia nunha referencia. Xa o somos en moitos eidos pero queremos seguir na mesma liña. Cando remate este novo ano, verán que a provincia será moito mais moderna, vangardista, con mais desenvolvemento”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.