Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo lembra ao alcalde que na cidade segue a haber casos de desafiuzamento como denuncia a PAH

«Cando se da un proceso como o que estamos a ver no día de hoxe, a resposta das administracións públicas non pode limitarse a unha pelexa entre administracións. Non existen políticas de vivenda desde a institución municipal para axudar as persoas que están en risco de exclusión social. O Concello non leva a cabo ningunha política neste eido coa escusa de ser competencia autonómica e a Xunta carga contra o concello dun xeito ruín acusándoo de non querer entrar no famoso rexistro de vivendas baleiras cando gran parte do problema existe a causa das políticas de austericidio contra a sociedade do propio Partido Popular» afirma Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo considera que, á marxe das competencias autonómicas, o Concello sí que pode ofrecer saídas ás persoas que, como vén de denunciar a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), este venres, corren un grave risco de desprotección .

Marea subliña que a institución municipal, como a máis próxima á cidadanía, e de xeito amparado pola lei debe exercer competencias na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, tal e como xa están facendo outros concellos no conxunto do Estado.

“No caso de Vigo resulta especialmente grave cando o máximo responsable, o alcalde, sae constantemente nos medios de comunicación afirmando que en Vigo non hai desafiuzamentos, e que incluso o seu despacho ‘é unha oficina antidesafiuzamentos», cando, día tras día, movementos sociais como a PAH, non cesan de denunciar estes casos. De feito, para que o propio alcalde estea perfectamente informado, esta mañá a Plataforma de Afectados polas Hipotecas, a través do rexistro xeral do Concello, informaron de dous novos casos”.

A concelleira de Marea de Vigo afirma que «xa é a hora de poñerse a traballar para dar resposta inmediata ás familias que se atopen nunha situación de desafiuzamento ou risco de exclusión social por perda da súa vivenda habitual e precisen de intervención, e deixar de utilizar as necesidades das persoas como arma electoral e política».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.