Comarcas

@AsNevesConcello informa de que o prazo para solicitar as axudas polos danos dos lumes remata o 30 de novembro

O Concello de As Neves vén de informar de que segue aberta ao público, no Centro Social, a oficina municipal para asesorar nos trámites de solicitude de axudas convocadas pola Xunta de Galicia polos danos dos lumes.

Dende o organismo municipal lémbrase que as persoas afectadas deben presentar unha solicitude individual coa correspondente documentación acreditativa e que para pedir cita hai chamar ao teléfono 986 95 63 41, en horario de 10 da mañá a 2 da tarde e de 4 a a 8.

O Concello subliña que a ficha de danos que se recollera os días seguintes aos incendios “non vale para as axudas, hai que facer unha solicitude agora”.

Ademais, pide aos afectados que non deixen este trámite para “última hora” e engade que “o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro, agás para as axudas por danos en vivenda que vai ata o 30 de xaneiro”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.