Comarcas

Gastronomía, música e a recreación da dificultade e laboriosidade do traballo do ‘escribinte’ en Redondela ao redor do ‘Pergamiño Vindel’

Imaxe:vigoalminuto/Estas son as propostas que Redondela ofrece en relación co Pergamiño Vindel, o manuscrito do medievo coas cantigas de Martín Códax, que estará exposto no Museo do Mar de Vigo ata o vindeiro mes de marzo.

O secretario xeral de Cultura do Goberno de Galicia, Anxo Lorenzo, xunto coa concelleira redondelá Teresa París, e varios dos responsábeis destas actividades- que tamén se realizarán en Vigo, Cangas e Baiona- presentaron este proxecto que será unha realidade dende este mesmo mes.

Unha destas actividades será «As cociñas do Pergamiño Vindel», varios concursos de tapas que terán unha orixinalidade especial: terán que elaborarse con ingredientes que houbese en Galicia na Idade Media…o cal supón, coma sinalou Xosé Manuel García, non poderán levar nada posterior ao descubrimento de América. E dicir: nada de pataca, millo ou pementos, por exemplo.

Os concursos, organizados da man das asociacións de hostaleiros de cada concello serán no mes de decembro en Baiona e Redondela e en febreiro do ano que ven en Vigo e Cangas.

Outra das propostas, coma sinalou Belén Bermejo, de Pres de Cambrai, é «A música no tempo de Martín Códax” e que abranguerá talleres dirixidos a todo tipo de público nos que se tocarán, con réplicas de instrumentos medievais, composicións dos séculos XII e XII. A aceptación desta iniciativa foi tal que xa non hai prazas para o taller programado na Illa de San Simón a semana que ven.

A última das ofertas é única para Redondela e trátase do ‘Scriptorium’, unha actividade para estudantes que se organizará no Multiusos da Xunqueira, os martes e venres ata o 15 de decembro. Rocío Marín, de Mekané Didáctica, sinalou que na mesma as rapazas e rapaces coñecerán, de primeira man, nunca mellor dito, o moi traballoso e minucioso proceso de escribir un pergamiño medieval usando a caligrafía gótica.

Ademáis, o Goberno de Galicia impulsa, en todo o país, ‘Vinde-vídeos’, unha idea proposta por Xurxo Martínez , técnico de normalización lingüística do Concello de Redondela, o cal, coma sinalou o director xeral, amosa o interese amosado por Redondela no Pergamiño Videl.

Nesta liña, a concelleira de Cultura, Teresa París, salientou que estas actividades permitirán que as galegas e galegos coñezan unha peza, esencial da nosa historia e unha parte única e orixinal da lírica de Europa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.