Cultura

Inaugurada ‘Expostas’ unha nova medianeira obra de Vanessa Álvarez, no Pavillón do Berbés

“Expostas» é unha das obras que conforman o III Programa Municipal de Medianeiras, dotado con 453.600€. O mural creado pola deseñadora gráfica viguesa Vanesa Álvarez Díaz no Pavillón do Berbés foi inaugurado este mércores nun acto poético-musical no que participaron Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de alcalde e presidenta da Deputación.

O rexedor sinalou a medianeira como espazo de «reivindicación da igualdade» e referiuse ás mulleres presentes como os «rostros da determinación», aquelas que están retomando o camiño da busca e reivindicación dos dereitos para cambialo «con plenitude». Amais, destacou o don de liderado de Míriam Gutiérrez, campioa mundial de boxeo e protagonista do mural, cunha fortaleza «quen de erixirse como unha grande líder do deporte deste país» ou a capacidade de superación de Lupita, que leu poemas e a calidade artística de Woyza, que interpretou varias pezas musicais durante o acto, no que participaron tamén o colectivo Til Diacrítico e a propia a autora da medianeira.

Pola súa banda, Carmela Silva adiantou que con este mural, «o primeiro pero virán outros», o goberno de Vigo quere «ocupar todo o espazo público en favor da igualdade» e rexeitar o sufrimento, dor e maltrato que «padecemos as mulleres polo feito de ser mulleres». Así, avogou porque a sociedade loite para rematar co maltrato e a desigualdade.

«Expostas» forma parte das actividades complementarias da terceira edición do Programa Municipal de Medianeiras e Arte Urbana que tamén inclúen o pintado de murais en seis colexios, talleres de arte urbana para nenos en diferentes puntos da cidade, concertos na ría e xornadas de arte urbana.

O Concello puxo en marcha a web «Vigo, Cidade de Cor» con todo os murais, a súa localización e información sobre os seus autores para divulgar este patrimonio cultural.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.