Vigo al minuto

@depo_es e @uvigo asinan un convenio para formar a profesorado e estudantado en materia de Igualdade

Carmela Silva, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, asinaron este martes o convenio para a formación do profesorado e o estudantado en materia de igualdade a través da ‘Escola de Igualdade Maria Vinyals’ da institución provincial. A firma tamén acudiron a catedrática María Álvarez Lires  e Azucena Rivas, dous referentes en materia de igualdade da Universidade.

A presidenta da Diputación amosouse moi satisfeita porque tanto o organiso provincial como a Universidade son dúas administracións que apostan pola igualdade e declarouse “unha fan desta universidade que é unha referencia en investigación e innovación que esta situada como un referente no Sur de Galicia na educación de calidade”. “Pero, si por algo son fan –continuou Silva- e polo seu compromiso coa igualdade entre home e mulleres, onde son referente en todo o que están a facer de cara a igualdade”.

O convenio asinado oferta 40 prazas entre profesorado e estudantado e consta de dous módulos. Un presencial e outro en liña que se desenvolverán entre os meses de outono de 2017 a marzo de 2018. Segundo subliñou Carmela Silva, a formación abordará dende os datos que xeneran a desigualdade entre homes e mulleres, os mitos, as barreiras e estereotipos, a lexislación en materia de igualdade, a violencia machista, a  avaliación e a identificación de elementos sexistas no sistema educativo ate a linguaxe inclusiva non sexista, entre outros moitos temas.

Tanto Mato como Silva coincidiron no análise da “involución que estase a sofrir en materia de igualdade” “nun mundo co acceso tremendo a información -salientou o reitor-  entre as xeracións máis novas”.  Precisamente  esta é a causa pola que estes cursos son “máis necesarios que nunca” destacou a presidenta.

Por outra parte, Carmela Silva aproveitou a firma deste convenio, para anunciar que o pleno provincial do próximo venres aprobará  o primeiro regulamento para o uso da linguaxe inclusiva na institución provincial “para manter a esta administración como un referente en materia de igualdade entre homes e mulleres polo que estamos a recibir recoñecementos e premios”. Tamén presentarase a guía para o uso da linguaxe non sexista.

Pola súa parte, o reitor Salustiano Mato salientou o seu agradecemento pola confianza enmarcada nese convenio marco rubricado entre ambas institucións. Mato recordou que a igualdade “a Universidade de Vigo a ten moi interiorizada e, de feito, imos pola implementación do segundo plan de igualdade”. O reitor tamén destacou o gran “clúster” de investigadoras do que dispón a Universidade de Vigo en materia de igualdade “que permite que falemos dende o rigor científico nesta materia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.