Cultura Vigo al minuto

Veciños de Teis deciden concentrarse «mañá e tarde» para que unha empresa de transportes deixe de almacenar contedores na Avenida de Guixar

A asemblea veciñal celebrada este martes na Avenida de Guixar, diante das instalacións de transporte «Crespo e Cousedo», para tratar os problemas xerados polo almacenamento de contedores, acordou realizar concentracións diarias -mañá e tarde- diante destas instalacións.

A Asociación indicou que, segundo informou a Concellaría de Urbanismo, notificóuselle a empresa unha “resolución sobre unha comunicación previa de inicio actividade, onde se ordena o cese cuatelar desta ao non poder autorizar a mesma nesta parcela”.

A asociación subliña que “dende hai meses a veciñanza do entorno da Avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, padece o paso diario de centos de camións de gran tonelaxe, ruídos, po, e problemas de tráfico”, unha situación foi denunciada  no Concello.

Os veciños afirman nunha nota que a súa paciencia rematou cando “o pasado luns a empresa transporte comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, provocando danos as vivendas da 1º Travesía de Guixar”, daquela  acordaron concentrase durante varias xornadas diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.