Deportes Destacados

A selección galega masculina superou con facilidade a Gran Bretaña en Vigo

Galicia necesitou 40 minutos para definir a realidade do seu balonmán e da futura selección olímpica de Gran Bretaña, que utilizará esta serie de amigables para rodarse cara á fase clasificatoria do Europeo 2012, en Londres (Crystal Palace) en tres semanas fronte a Chipre, Estonia e Bulgaria (10 ao 12 de xuño). Galicia, sen dous Asobal como Sergio Cid (disputando a Copa vasca) e Víctor Vigo (ausente por cuestións persoais), tivo no vigués Rafa Dasilva (Teucro) á súa referencia xeral, aínda que o equipo estivo por baixo nos primeiros minutos, grazas ao visitante Prieto.

No oitavo minuto de xogo, Pedro Rodríguez puña aos de Teixeira por vez primeira por diante (5-4) e os galegos xa non cederían. Custoulles defender a un conxunto rápido nos primeiros compases. Logo, Galicia soubo correr, distribuír o seu ataque co maior rendemento e defender moito mellor a un rival que sacou un recurso táctico perfecto pero que se desmoronou xusto tras remontar (do 16-13 a 17-16). Teixeira, seleccionador local, pegoulles una cantos berros aos seus xogadores, Galicia espertou e os británicos afundíronse. Este sábado, segundo encontro, no pavillón de Gatañal (Cangas) ás 19:00 horas e con entrada gratuíta e merecida homenaxe a Alejandro López. Teixeira recupera a Cid e Vigo.

Nembargantes, a selección feminina non tivo sorte no primeiro partido do III Memorial Tito Pispieriro. O combinado dirixido por Abel Estévez atopouse cun durísimo rival, Euskadi, que gañou con facilidade por 19 a 34. Galicia botou en falta ás xogadoras da máxima categoría, que non puideron estar nesta oportunidade. No partido amigable entre Gran Bretaña e Catalunya o equipo inglés foi superior e gañou por 30-25.

Ficha técnica:

Galicia (12+22): Javier Díaz, Cerillo Fernández (1), Pedro Rodríguez (4, 1p), Iván Infestas (2), Pablo Hervello (2), Rafa Dasilva (6), Dani Benaches (1) –sete inicial-, Rodrigo Corrales (ps), Alberto Salgado (3), Adrián Rosales (4, 1p), Javier Carrera (4), José Antonio Varela (2), Víctor Frade (1), Iago Cuadrado (2) y Serafín Pousada (2). Adestradores: Fran Teixeira e Alejandro López.

Gran Bretaña (11+11): Bob White, Ciaran Williams (1), Sebastian Prieto (3), Martin Hare (2), Steve Larsson (2), Mark Hawkins (4), Chris McDermott (4) –sete inicial-, Nicholas Satchwell (ps), Merlin Braithwaite, Chris Mohr (3), Huw Goodwin (1), Alex Girvan, Robin Garnham (2) e Sebastien Edgar. Adestrador: Bill Baillie.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.