Cultura Vigo al minuto

@En_Marea pide no Congreso dos Deputados que se anule o Consello de Guerra que condenou a morte a Alexandre Bóveda

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou no Congreso senllas proposicións non de lei, para Comisión e para Pleno, e unha pregunta por escrito, para demandarlle ao Goberno que anule o Consello de Guerra sumarísimo e a condena a morte ao histórico político nacionalista, Alexandre Bóveda, un dos impulsores do Estatuto de Autonomía de Galicia e executado polas forzas golpistas de Franco o 17 de agosto de 1936.

Ademais, Fernán Vello pide que se declare a ilexitimidade das condenas e das sancións ditadas por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza na ditadura franquista, anulando todos os Consellos de Guerra e sentenzas condenatorias.

Nun terceiro punto da súa proposición non de lei, insta ao Goberno a realizar actos e recoñecementos públicos para conmemorar, homenaxear e rehabilitar a memoria de todas as vítimas da Ditadura franquista, e en colaboración coas comunidades autónomas, levar a cabo actos que lembren a alcaldes, representantes públicos, figuras políticas, cargos institucionais e outras persoas que foron executradas ilexitimamente polas forzas golpistas debido ás súas ideas.

81 anos após aínda non se anulou a sentenza a morte ilexítima ditada por tribunais de golpistas

O deputado de En Marea reprocha ao Goberno do Estado que 81 anos após do asesinato de Bóveda, así como outros moitos, aínda non se reparou a súa memoria nin se anulou o Consello de Guerra sumarísimo ao que foi sometido. Neste sentido, pon de manifesto o traballo feito pola Fundación Alexandre Bóveda que leva anos facendo esta petición.

Tamén fai valer o Informe do alto comisionado da ONU de 2014, que emprazaba ao  Goberno español a rehabilitar de forma pública e política a políticos históricos como Bóveda, Lluis Companys, Manuel Carrasco i Formiguera e a que «se beneficien todas as vítimas sen excepción».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.