Galicia Sucesos

Seguen os lumes de Laza, Verín e Pantón que, en conxunto, arrasaron xa preto de 1.700 hectáreas

Un incendio segue activo dende preto das 9 da noite deste sábado na parroquia de Camba, no concello de Laza. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume arrasou xa a unhas 20 hectáreas e traballan para acabar coas lapas catro axentes, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa e medios aéreos.

Ademais, permanece estabilizado o incendio que desde o xoves afecta á parroquia de Vilamaior do concello de Verín, que segundo as últimas estimacións calcinou máis de 1.400 hectáreas.  

Nas tarefas de control participaron, ao longo das últimas xornadas, cinco técnicos, 61 axentes, 107 brigadas, 69 motobombas e sete pas, ademáis dunha ducia de helicópteros, 6 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e do GES de Laza.

Por último, o incendio forestal declarado no concello lucense de Pantón está baixo control dende onte pola tarde logo de arrasar máis de 250 hectáreas.  No dispositivo de extinción participan 14 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, tres pas, catro helicópteros e dous avións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.