Cultura

Chenlo prepara a ‘IX Festa do Cabrito ao Espeto’, que se celebrará o vindeiro domingo, día 6 de agosto

O vindeiro domingo, 6 de agosto, a parroquia porriñesa de Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.

A implicación de todos os vecinos que participan na organización consiguen que, na súa novena edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un referente na provincia. Dende a organización esperan repetir o éxito das pasadas e recibir a unhas 2.000 persoas .

A partir das 11 da mañá terá lugar unha degustación de pinchos, e dende primeira hora, a comisión organizadora comezará a asar os cabritos que, arredor da 1 e media da tarde, se servirán na comida popular.

Os prezos serán os mesmos da anterior edición: 20€ por cada ración de cabrito, 12€ a ración de churrasco, 180€ un cabrito enteiro e 90€ medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e un pedazo de rosca.

Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, xa pola tarde actuará o grupo musical ‘3.COM’ e levarase a cabo o sorteo dun Cabrito dos Cabreiros de Chenlo e varios agasallos entre todos os asistentes.

O evento completarase coa Ruta Cabalar que se desenvolverá pola tarde, a partir das 5, e a actuación musical e dj Mark Novo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.