Vigo al minuto

O Concello recibiu 24 solicitudes de fogueiras para esta noite de San Xoán

O alcalde informou este mércores da solicitude de 24 autorizacións para organizar cacharelas na noite de San Xoán e, tal e como advertiu, a partir de mañá xoves, día 22, o servizo de Bombeiros as inspeccionará para verificar que cumpren coas normas de seguridade.

Os seguintes colectivos son os que pediron permiso: San Mamede Zamáns; CSCR Beade; AVCD San Xurxo de Saiáns; AVCD Monte da Mina Castrelos; AVV Nosa Terra Alcabre; Nautilus San Andrés de Comesaña; Comisión Festas San Xoán Bautista; Aero Club Vigo; Asociación veciñal e cultural Casco Vello; Asociación veciñal Doutor Casas Bouzas; UVCB Candeán; Asociación Atlántida de Matamá; Asociación de Veciños de Cabral; CRAC Coruño; Asociación Veciñal Novo Vigo; Asociación Veciñal Curva de San Gregorio; Centro veciñal de Valadares; Asociación veciñal de Teis; Amigos do Seixo (Beade); Val do Fragoso; Comerciantes do Xeral; Praza da Miñoca; Entidade Menor de Bembrive e Asociación Festas da Xuventude.

Abel Caballero tamén anunciou un dispositivo especial de limpeza, formado por 61 persoas e 25 vehículos. O Concello disporá dos seguintes medios técnicos: 8 tractores con pala; dúas cribas; 2 camións porta-colectores; 2 cisternas de baldeo; 2 vehículos todo terreo; 7 camións de caixa aberta; 1 baldeadora e 1 varredora. Desde o punto de vista dos medios humanos, contarase con 25 operarios a pé para os arenais, 23 condutores e 13 operarios para o centro da cidade.

Vitrasa reforzará a frecuencia dos seus autobuses con un cada 5 minutos entre o centro da cidade e Samil, e viceversa. A primeira viaxe sairá ás 23:15 h desde García Barbón e cada 15 minutos haberá un autocar con destino á zona de praias co seguinte percorrido: Policarpo Sanz- Paseo de Alfonso- Camelias- Avenida Castelao- avenida de Europa- Tomás Paredes- Avenida Atlántida e Samil. A esta liña especial, sumaranse as actuais N1 e N2. Ademais, desde as 7 da tarde, todas as liñas regulares a Samil disporán dun servizo de reforzo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.