Comarcas

‘Vive Nigrán’ anuncia a incorporación ao seu cartel de ‘New Day’,banda liderada pola ex Dover Amparo Llanos

A organización do Vive Nigrán ven de confirmar a incorporación ao seu cartel de ‘New Day’, banda liderada pola ex Dover Amparo Llanos, e do grupo ourensá ‘Os amigos dos músicos’. A estes dous novos fichaxes súmanse as bandas xa previamente anunciadas ‘Las Bistecs’, ‘Joe Crepúsculo’, ‘Viva Suecia’ e ‘Basanta’.

‘New Day’, que estará no escenario Mahou de Vive Nigrán, é un proxecto da cantante e guitarrista Amparo Llanos e  Samuel Titos (ambos ex Dover) xunto ao baterista Jota Armijos (ex-Fuckaine). A formación, que xurdiu a finais de 2016 a partir da disolución de Dover, confirmou a súa presencia en dous festivais en Galicia, Noroeste (Coruña) e Vive Nigrán.

A banda levará as cancións do seu primeiro traballo, Sunrise, “un berro”, según a cantante, «de independencia y de anhelo a los demás», co que comenzan o seu camiño como banda. Pola súa banda, ‘Os Amigos dos músicos’ acaba de recibir o Premio Martín Códax da música galega a mellor grupo de Pop/Indie. Os premios, organizados pola asociación Músicos ao Vivo, recoñecen o seu traballo no último ano, no que publicaron o seu primeiro disco e levaron a súa música por dentro e fóra do país. O grupo continúa presentando o seu primeiro disco e despois de levar as súas cancións a Asturias, Euskadi, Valencia ou Madrid.

O picnic-pop festival, que se celebrará en Praia América o 26 e 27 de agosto, esgotou en só 48 horas á venda do bono de 10 euros para as primeiras cen entradas e agora está a piques de rematar a segunda oferta de lanzamento de 12 euros polos dous días de concerto e animación (pódese adquirir as últimas a través de www.ticketea.com/entradas-festival-vive-nigran).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.