Galicia

O PP aproba no Parlamento de Galicia unha proposición na que pide ao Concello unha solución aos retrasos nos servizos sociais

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves  unha proposición non de lei, por iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Vigo unha “solución inmediata aos retrasos na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais”. A deputada popular Marián García Míguez considerou “dramático” que 63.000 persoas de Vigo teñan un ingreso inferior ao limiar da pobreza e o Concello tarde 181 días en emitir o informe social para a percepción da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga), cando o tempo que teñen os concellos galegos é de 30 días.

A deputada popular recoñeceu que Vigo “ten o peor dato de Galicia na taxa de desemprego e de risco de pobreza”. En concreto, indicou que “máis do 21% dos vigueses teñen un nivel de ingresos por debaixo do cal unha familia é incapaz de satisfacer as necesidades dos seus membros”.

Así mesmo, García lembrou que colectivos sociais como Os Ninguéns, a Plataforma antidesafiuzamentos, a Rede Solidaria Popular ou a Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao “trasladan todas as semanas a situación que está a acontecer no Concello de Vigo coa tramitación das axudas sociais, chegando ao punto de que as propias traballadoras sociais do Concello denunciaron demoras de ata un ano para cobrar a Risga”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.