Comarcas

@ponteareas_gal xa ten todo o programa das Festas do Corpus Christi

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleria de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista presentaron este venres o programa de festas do Corpus Christi de Ponteareas.

Dende o sábado 10 ao luns día 19 de xuño, os visitantes e veciños poderán gozar de actuacións en directo, exposicións, tirada de fogos, homenaxes, espectáculos e actividades de diferentes temáticas que pretenden abarcar a todo tipo de públicos.

Como cada ano a lectura do pregón do Corpus abrirá o programa de festas a cargo, nesta edición, do historiador e investigador Xoán Martínez Tamuxe, seguido do concerto da Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero.

Do martes 13 ao venres 16 é o tempo dos máis pequenos que gozarán coas animacións de rúa e a música tradicional, ademais de ter a ocasión de xogar nunha xornada dedicada aos xogos tradicionais populares.

O venres 16 ás 20 horas a laureada banda de gaitas Tremiñado acompañará á ofrenda floral no monumento ao alfombrista e tamén abrirá o desfile das carrozas o domingo ás 18h. Ás 20:30h no auditorio municipal terá lugar a entrega de medallas do Corpus Christi seguida de animación de rúa e actuacións musicais e tirada de fogos de lucería ás 23:30h.

O sábado os alfombristas comezarán a encher as rúas de cor e perfume floral, mentres ás 23:30 horas diante do mercado terá lugar o espectáculo das danzas do mundo.

O domingo 18 serán os foguetes de palenque os que desperten á vila ás 09:45 horas e xa de seguido e durante todo o día haberá música das bandas de música e a actuación de Roi Casal ás 22:30 horas na Praza Maior. A recepción das autoridades diante do concello será ás 10:45 horas.

O luns 19 estará adicado aos máis cativos con animación de rúa pola mañá e inchables pola tarde.

En palabras da concelleira de Cultura, “a programación do Corpus 2017 cubre as necesidades dun amplo grupo de idades e gustos nas que se mesturan actividades lúdicas e culturais para o desfrute de toda a familia. Actividades de sempre con novidades. Seguimos como cada ano axustando os orzamentos sen restar calidade na programación e neste ano pechamos o orzamento en 108.000€ que inclúen dende a iluminación, á difusión da festa, contratacións musicais, animación, exposicións, danzas… e un longo etc que supón a celebración do Corpus de Ponteareas”.

Na páxina web do Concello de Ponteareas poderase consultar o programa das festas, así como na páxina web do Corpus Chirsti www.corpuschristiponteareas.com

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.