Vigo al minuto

@depo_es recibe 2 millóns de euros de fondos europeos para a xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

A presidenta da Deputación informou este venres da aprobación por  parte da Unión Europea dunha nova achega de máis de 2 millóns de euros, que permitirá a posta en marcha dunha estratexia transfronteiriza para a xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE).

Trátase, segundo indicou Carmela Silva, dun proxecto “que pretende dar un salto cualitativo” na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos recursos.

A presidenta amosou a súa satisfacción por ter acadado estes novos fondos europeos “máis tendo en conta que se realiza en colaboración con Portugal, o que nos permite que o espazo tranfronteirizo  Provincia de Pontevedra- Norte de Portugal lidere medidas de protección do medio ambiente.”

Silva fixo ademais un chamamento para que  todos os concellos da provincia se sumen  a este programa de xeito que se poida por en marcha unha estratexia conxunta de mellora de todos os puntos limpos e impulso de plans de negocio relacionados coa reciclaxe.

Segundo dixo, este programa pretende implantar melloras no sistema municipal de recollida dos concellos e a adecuación dos puntos limpos á Directiva Europea , de xeito que se garanta un correcto almacenamento dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

O programa tamén ten por obxectivo a posta en marcha de mecanismos para unha mellor identificación das categorías dos residuos que sexan susceptibles de ser reciclados, a creación dun procedemento de acceso aos centros de preparación para a reutilización dos residuos e tamén a monitorización e análise do estado actual da reutilización que se está a facer. Por último, tamén se crearán  novos protocolos e un plan de negocio para a xestión destes refugallos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.