Vigo al minuto

Convocados paros en Faurecia Asientos mércores, xoves e venres nas quendas de mañá, tarde e noite

As seccións sindicais da CIG e da CUT na compañía viguesa Faurecia-Asientos de Galicia veñen de convocar paros de 6 horas durante tres días ante os “incumprimentos en saúde laboral e o aumento da producción”. Ao mesmo tempo, desenvolverán concentracións diante da empresa coincidindo coas tres xornadas de folga, previstas para o mércores 10, xoves 11 e venres 12 de maio.

Segundo explican dende a representación sindical da CIG na compañía da automoción, os paros terán lugar de 11.00 a 14.00 horas na quenda de mañá, de 14.00 a 17.00 horas na de tarde e de 22.00 a 1.00 horas na de noite.

Hai que lembrar que a federación de Industria da CIG xa criticara a finais do ano pasado que o preacordo de convenio entre a dirección e os sindicatos CCOO, UGT e CGT fixase a negociación do plan de accións e planificacións da saúde laboral para despois da sinatura do convenio. A marxinación da saúde laboral, entre outras cuestións, levaron á central a rexeitar o pacto, de igual xeito que o fixeron a CUT e a CSIF.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.