Agenda Comarcas

Redondela, albergue de títeres e monicreques

Imaxinación e diversión farán boas migas cos títeres e monicreques que durante cinco días ateigarán as rúas de Redondela. A partires do mércores 19 de maio, a vila vivirá a undécima edición do ‘Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo’, unha manifestación cultural e festiva que como cada ano encherá as rúas e prazas da cidade coas propostas de músicos, actores e titiriteiros chegados dos países máis diversos.

En total 9 espectáculos para todos os públicos en sala e 46 na rúa nos que destaca a variedade de ideas na manipulación de obxectos, monicreques de man, de luva, variñas, marotes e marionetas de fíos, monecos tradicionais de madeira e moito máis. Unha multitude de técnicas de manipulación e de xeitos de facer escenificadas por artistas de Brasil, Italia, Francia, Arxentina, Bélxica, Cataluña, Madrid e Galicia.

Por primeira vez a crise tamén se fai sentir nos títeres redondelanos, que por primeira vez en 11 anos ten que prescindir do programa de funcións para escolares. Para contrarrestar, o programa de sala e de rúa será tan ambicioso, lúdico e engaiolante coma sempre.

A primeira cita terala o 19 de maio (21 h) no auditorio do Multiusos da Xunqueira, coa compañía brasileira Contadores de Éstorias e o seu ‘Em concerto’. As funcións de sala custarán 3 euros para nenos e 5 para adultos e as entradas poderán conseguirse dúas horas antes do espectáculo na billeteira. A fin de semana chegan as obras de títeres pola gorra, artistas e titiriteiros que desenvolverán o seu traballo como viñeron facendo sempre os cómicos ambulantes: pasando o cepillo ao final. Así que serán benvidas calquera moeda nos seus chapeus, puchos e boinas. Non te perdas todo o programa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.