Ciencia y Tecnología Sucesos

@Xunta permite a empresas privadas xestionar residencias da terceira idade sen persoal sanitario

Tralas numerosas as denuncias dos profesionais do Centro de Saúde da Laracha, en relación á situación que viven na atención as persoas que se atopan no Fogar Residencial «Avós Felices», de carácter privado e con ánimo de lucro, a vicepresidenta da Mesa do Parlamento preguntoulle ao xerente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) como é posible que a Administración permita este tipo de residencias  “con persoal sen formación sanitaria, co conseguinte abuso do sistema público de saúde”.

Segundo sinala Eva Solla, «esta asistencia sanitaria é esixida sempre a nivel domiciliario independentemente da situación do usuario do centro e entre e as demandas sanitarias das que se ten que ocupar o persoal, atópanse tarefas como a realización do control de INR, extracción de sangue para análise e recolleita de mostras de ouriños, realización de cambios de sondaxe vesical permanente, realización de curas de úlceras e feridas, colocación de vías intravenosas e administración de medicación endovenosa, campañas de vacinación antigripal…», malia que segundo consta no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, “o Fogar Residencial conta cunha ATS/DUE contratada por 30 horas ao mes. Sen embargo, non se está asumindo ningunha das tarefas de enfermería mencionadas xa que, segundo manifestou o director deste fogar residencial, a lei non lle impón a obriga de facelo.»

«¿Foi comprobada pola Consellería ou o Servizo de Inspección a veracidade da información publicitaria da web deste Fogar Residencial?», preguntou Eva Solla, para quen «a maiores estase a producir unha situación que constitúe unha mala praxe asistencial, que vai dende a falta de prevención e coidados de úlceras por presión, a prevención de caídas e o manexo de pacientes portadores de enfermidades contaxiosas.»

Lamentablemente, a lexislación galega nesta materia, ampara a proliferación no territorio destas condutas abusivas, non sendo a situación dos profesionais do Centro de Saúde de Laracha un caso illado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.