Vigo al minuto

Aínda que temos +KBZA, algún dí cando fala do novo reitor que «Euxtanomato»

ELECCIONES-VOTANDO1Máis de 23.600 miembros da Universidade de Vigo, entre doutores (913 que teñen o 51% do voto ponderado) , personal investigador (1.090, que representa o 9% do voto), administrativo (698 co 10% do sufraxio), estudantes (20.966 cunha representación do 30%), elixirán o xoves ao novo reitor e ao restro dos miembros do claustro.

Os dous candidatos a reitor son Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía e director xeral de I+D+i de la Xunta nos anos de goberno da coalición PSdG-BNG, que é o cabeza de cartel de ‘Alternativa Universitaria‘, e Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo, que vai por ‘Nova Universidade‘.

Ainda que non o pareza, ou que se pense que a Universidade é unha institución sería e seica aburrida, a realidade é que a campaña electoral foi intensa e non estivo libre de polémica; así Mato creou clube de fans en internet, ‘Euxtanomato’, copiando a frase de Belén Esteban, no que se penduraron vídeos sobre o candidato; nun deles unha suposta amante, interpretada por unha actriz, aseguraba que Mato dáballe moitas “satisfaccións”.

A candidatura de Cabeza foi menos comentada, ainda que o seu lema ‘+KBZA’ baseouse na que realizou Obama, salvando as distancias, presentando actuacións para os primeiros 100 días de mandato, entre elas unha redución dun 50% nos custos dos dirigentes da Universidade ou a implantación de ‘becas express,‘ para alumnos en dificultades económicas.

Hoxe, o peche de campaña

Cabeza, que foi o primero en dar os seus últimas mensaxes, asegurou que, ainda que as dúas candidaturas prometen un xiro total, unha, en referencia a Alternativa Universitaria, “é herdeira do pasado e outra non, que cada quén xulgue cal é original.O catedrático de Dereito do Traballo pediu aos votantes que reflexionen “quén é máis transparente, máis eficiente, que grupo está a trabajar máis para que a Universidade sexa máis xusta e con máis perspectivas de contactar coa sociedade” .

Para aqueles que teñan dereito a voto, as mesas abrirán ás 10 h. e pecharánse as 21 h. do xoves o que fará posible que o nome do gañador, segundo as enquisas Mato leva unha lisera ventaxe, coñeceranse ao redor das 10 da noite.

 

Salustiano Mato salientou que a súa alternativa conta cun equipo potente, “mellor e con máis experiencia“, o profesor de Zooloxía indicou que “somos unha aposta crara para a Universidade, coma pon de manifesto a nosa mensaxe seria , profunda e chea de solucións“. Mato salientou que se gaña formará un equipo de goberno “24 horas“.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.