Comarcas

@ConcelloNigran remata a limpeza das praias de cara á Semana Santa na que haberá un 80% de ocupación hoteleira

O Concello de Nigrán rematou onte coa limpeza especial das súas praias de cara á Semana Santa, cando se calcula unha ocupación hostaleira superior ao 80% ante a previsión de bo tempo.

Operarios municipáis e de Cespa limparon este xoves e venres de xeito manual tódolos areais do concello engadindo tamén os medios mecánicos a Praia América e Patos, onde por primeira vez este ano se empregou maquinaria seguindo a recomendación técnica.

A Semana Santa marca o inicio da tempada de limpeza dos areais por parte de Cespa, a empresa concesionaria -durante o resto do ano as praias permanecen no seu estado natural, realizándose recollidas selectivas cando aparece lixo, sen retirar en ningún caso as algas, fundamentais para preservar a biodiversidade do entorno-.

Nigrán duplicará dende esta fin de semana a súa poboación entre os turistas e a xente que ten aquí a súa segunda residencia, polo que o Concello desexa ofrecer a mellor imaxe do municipio tendo as praias en condicións óptimas para o disfrute de veciños e visitantes.

“Apostamos polo turismo sostible e polo medio ambiente, con ese criterio coidamos os nosos areais durante todo o ano”, sinala o alcalde, quen subliña que a previsión hostaleira é dunha ocupación superior ao 80%, “o que a convertirá na mellor Semana Santa dos último anos, algo tremendamente positivo para a economía local”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.