Cultura Vigo al minuto

Alumnos do IES Carlos Casares homenaxean o autor nun libro escrito e ilustrado por eles

Alumnas e alumnos do IES Carlos Casares de Vigo fixeron un libro en memoria do autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Escrito e ilustrado por eles e editado por Bolanda, está inspirado na propia obra do autor quen, «coma unha galaxia, ofrécenos pistas moi significativas sobre a orixe e evolución do noso propio universo galego», sinalan os autores.

Así naceu ‘As estrelas máis estrelas de todas as estrelas’, título de clara referencia a unha das obras máis coñecidas do autor, no que profesores e alumnos do instituto vigués agrupan «as estrelas de Casares en constelacións, coa finalidade de lembralas para sempre no ceo nocturno», ao tempo que fan refeferencia á editorial que dirixiu o autor «desde 1986 ata o seu pasamento».

 «Os personaxes de Casares convértense en estrelas que brillan con luz propia na Galaxia Casares», explican os promotores da iniciativa, que botaron man de personaxes, situacións e referencias moi vinculadas á obra do autor, como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A galiña azul, Os escuros soños de Clío, Vento Ferido, Ilustrísima, O sol do verán ou a serie protagonizada por Toribio, entre outros.

 O texto desta historia é de Lara Pampillón Ubeira –baixo a supervisión de Beatriz Martínez Cordeiro–, mentres que as ilustracións son obra da propia Lara Pampillón xunto con Antía Varela Hermelo, Lois Pérez Gándara, Ian Graziano Carballeira, Irene Lorenzo Hermida e Adrián Molares Comesaña, baixo a supervisión de Almudena Lacomba Maruri. O libro, de 40 páxinas, formato cadrado e tapas duras, pódese adquirir xa nas librarías galegas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.