Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Punto de Atención Continuada do Xeral, atendeu no seu primeiro ano 58.359 urxencias

O Punto de Atención Continuada de Vigo cumpre este mércores, día 1 de marzo o seu primeiro ano de funcionamento -trala súa unificación no edificio anexo ao Hospital Xeral-. Neste tempo, sinala a Xerencia da Área Sanitaria, este dispositivo de atención ás Urxencias Extrahospitalarias atendeu a 58.359 pacientes. Destes, tan só un 9,4% foron derivados ao hospital; isto é: os profesionais do PAC resolveron o 90% das urxencias.

A media diaria de atención é de 159,8 pacientes. Os días con maior actividade son os domingos, cunha media de 352,9 atencións,  e os festivos, con 395,26  .

No último estudo realizado polos responsábeis da Área Sanitaria de Vigo, no que se compara o comportamento das Urxencias hospitalarias coas do PAC vigués, ponse de manifesto como, mentres que os días laborais, os vigueses que necesitan atención urxente achéganse máis ao hospital, os domingos e festivos se inverte esta tendencia e os cidadáns de Vigo acoden en maior medida ao PAC.

Neste senso, a subdirectora de Procesos sen Ingreso e Urxencias, Elena Lorenzo asegura que “os datos pon de manifesto o peso cada vez maior deste servizo sanitario, valorado polos usuarios con altos índices de satisfacción. O seu novo emprazamento e accesiblidade, as súas renovadas instalacións e o incremento da súa capacidade resolutiva, fanno cada vez  máis atractivo para os vigueses”-.

Por grupos de idades, o 68,3% destas urxencias corresponden a pacientes con idades comprendidas entre 15 e 64 anos; o 26,5% aos maiores de 64 anos;  e o 5,2% restante os menores de 14 anos. Do total de atencións, o 8,1% realizáronse no propio domicilio do paciente, triplicando  as atencións domiciliarias dos outros PACs da área .

“Neste balance asistencial é necesario subliñar dous datos moi significativos, o gran número de atencións domiciliarias realizadas polos profesionais en comparación con outros dispositivos da área, e o incremento das Urxencias pediátricas, duplicando as rexistradas o pasado ano.”-afirma Elena Lorenzo.

O equipo do PAC está formado por 70 profesionais: 28 facultativos,14 vinculados e 14 voluntarios; 22 profesionais de enfermería, 14 vinculados e 8 voluntarios e 20 efectivos de persoal non sanitario -persoal de servizos xerais, celadores, condutores e telefonistas-.

Outro dos datos de actividade máis salientable é a realización de 1.330 estudos radiolóxicos. Hai que   lembrar que neste PAC,  ademais dos procedementos diagnósticos propios das Urxencias de atención primaria como electrocardiografía, esfignomanometría, otoscopia e oftalmoscopia, veu incrementada a a súa carteira de servizos coa incorporación de novas prestacións radiolóxicas. Así, realízanse no PAC todas as probas de radioloxía simple, placas de abdome, tórax e  exploracións osteoarticulares.

Afirma Elena Lorenzo que  “trátase dun dispositivo con gran capacidade de resolución  xa que dispón dos medios e recursos axeitados, tanto estruturais, humanos e de equipamento, para realizar todos aqueles procedementos diagnósticos e terapéuticos no ámbito da atención primaria para que, sempre e cando sexa posible, o paciente saia do centro co seu problema resolto, e que solo se deriven ao hospital os casos que realmente necesiten atención hospitalaria”-.

“O PAC de Vigo dispón dunha estrutura e un dimensionamento que o converten no maior de Galicia”. As súas instalacións dispoñen dun Box de Reanimación para pacientes inestables con dotación específica, e unha Sala de Tratamentos respiratorios con cinco postos. Ademais, contan con 1 consulta de Tríaxe, 3 consultas de enfermería (unha delas pódese utilizar como box de illamento), 6 Boxes de consulta médica, un Gabinete, 2 salas de Observación con 6 postos, 1 sala de traballo médico e 1 control e traballo de enfermaría. Dispón tamén de áreas administrativas e de descanso, e salas de espera e aseos diferenciados. A dotación complétase con almacéns de material sanitario, lenzaría e farmacia.

En xeral, ademais do PAC da cidade de Vigo, a EOXI conta cun total de 10 Puntos de Atención Continuada noutros concellos da área sanitaria. Mentres que o pasado ano nestes dez dispositivos atendéronse a 253.065 pacientes, o servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro rexistrou 174.231; polo que nestes momentos os PACs atenden xa o 60% do total das Urxencias da área.

O Punto de Atención Continuada ( PAC) é o dispositivo físico e funcional no que se presta  a atención urxente, tanto médica como de enfermaría, no ámbito da atención primaria. O seu horario de funcionamento é de 15.00 horas ás 8.00 do día seguinte de luns a sábado, mentres que domingos e festivos, presta asistencia durante as 24 horas do día.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.