Cultura

A Casa das Artes acolle as exposicións do XXI Maratón Fotográfico e II Concurso de Narración Fotográfica

Este xoves día 2 de febreiro, ás 8 da tarde, inaugúranse no primeiro andar da Casa das Artes –na rúa Policarpo Sanz- as  exposicións correspondentes ao «XXI Maratón Fotográfico Concello de Vigo» e mailo «II Concurso de Narracción Fotográfica Clínica Dra. Susana Santeiro», que estarán abertas ata o vindeiro 12 de marzo.

O «XXI Maratón Fotográfico» está organizado pola Agrupación Fotográfica Galega, coa colaboración da Concellería de Cultura e da Clínica Dr. Susana Santeiro. O maratón tivo lugar o 10 e 11 de decembro pasados, con preto de 100 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: «Resplandor», «Construindo», «Clandestino» e «Oco».

Como é costume, durante o acto de inauguración, o xurado dará a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases e que se conceden á serie fotográfica: Primeiro premio: 1.000 €, Segundo premio: 500 € e Terceiro premio: 300 €

En canto ao «II Concurso de Narracción Fotográfica Clínica Dra. Susana Santeiro», nesta segunda edición presentáronse un total de 70 participantes de España e Portugal, adquirindo por tanto repercusión internacional.

As bases do concurso estipulaban que se debería contar unha historia nun mínimo de dúas e un máximo de seis fotografías, creando unha secuencia de imaxes cun fío conductor que xenere un relato. Os premios, que se entregarán o día 9 de marzo, están dotados cun importe de: 1º Premio: 1.000 € + Diploma, 2º Premio: 500 € + Diploma, 3º Premio: 250 € + Diploma, Premio especial do público: 300 € + Diploma, 3 accésits: 50 € + Diploma, Premio de honra «Clínicas Dentais Susana Santeiro»: 300 €.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.