Comarcas

O Concello de Salceda xa é o propietario do edificio da antiga Cámara Agraria

O Concello de Salceda de Caselas acaba de facer o Depósito do 25%, que é o primeiro pagamento por un importe de 13.210,17€, tras pechar o acordo de compra do edificio da antiga Cámara Agraria coa Xunta de Galicia, que ata o de agora era a propietaria do inmoble.

Segundo o Goberno local, esta compra ten varias ventaxes: o Concello xa non depende de terceiros para a súa rehabilitación, e “o máis importante é que os usos xa non van a estar limitados como ata agora só para interese agrario”.

O edificio está situado no barrio de Altamira e o seu valor, segundo a Consellería de Facenda é de 52.840,67€, prezo polo que agora se vende ao Concello de Salceda nun proceso de adxudicación directa. O pagamento realizarase a prazos, por un periodo de dez anos, cun interese do 3%.

O inmoble ten unha superficie de 137,50 metros cadrados, ocupa unha parcela de 256 metros cuadrados e destinarase a usos socio-culturais ou educativos. O mesmo foi desafectado de uso público e cedido en uso ao Concello no ano 1997, nun decreto que establecía a cesión das distintas Cámaras Agrarias con destino «a fins e servizos de interese xeral agrario», por un periodo de dez anos, cesión que caducou no ano 2007.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.