Vigo al minuto

A Xunta de Goberno da Área Metropolitana, en marcha o 29 de decembro

O presidente da Área Metropolitana de Vigo, Abel Caballero, enviou este mesmo venres aos 14 alcaldes dos concellos que conforman a área a convocatoria para a constitución da Xunta de Goberno Metropolitana o vindeiro xoves 29 de decembro ás 11.00 horas no Edificio Municipal do Areal. Deste xeito cúmprese o prazo de constitución máxima dun mes logo da posta en funcionamento do ente supramunicipal.

Entre os primeiros puntos da orde do día desta primeira Xunta de Goberno Metropolitana estará a elaboración do Proxecto do Plan Metropolitano Cuadrienal que establece a lei e no que se «sintetizará todo o que a Área vai facer nos próximos tres anos». Tamén se inclúe a dación de conta do envío de documentación para a inscrición da Área no Rexistro de Entidades Locais de Galicia, o inicio da disolución da Mancomunidade ou a información dos escritos de constitución dos grupos políticos metropolitanos e os seus candidatos a voceiro e voceiro suplente.

Ademais, o órgano de goberno da Área Metropolitana dará conta dos municipios que solicitaron o seu ingreso no ente, informará sobre a conveniencia da solicitude á Xunta e á Deputación de Pontevedra da designación de membros do Comité de Cooperación da Área, debaterá sobre a periodicidade das sesións ordinarias da propia Xunta de Goberno e coñecerá as propostas dos grupos políticos metropolitanos para o nomeamento de Vicepresidencias da Área Metropolitana. Segundo explicou o alcalde de Vigo debe haber catro a proposta dos grupos con igualdade de xénero, diversidade ideolóxica e territorial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.