Comarcas

As Neves incrementa o seu orzamento municipal para 2017 nun 2,08%

O goberno municipal de As Neves aprobou cos votos a favor de BNG e PSOE e en contra do PP o seu orzamento para o vindeiro ano, que terá unha cuantía de 2,11 millóns de euros, un 2,08% máis que os aprobados para este 2016. Ademais, xa se contempla un investimento a través de fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de alomenos 531.000 euros.

Con estes orzamentos a Corporación municipal pretende «consolidar e mellorar o nivel de emprego» cun plan de emprego anual no que se combinen as oportunidades laborais coa especialización para prestar mellores servizos.

Tamén se actualizaron moitas partidas de gasto corrente tras a revisión dos novos prezos dos servizos prestados e reducíronse as partidas nas que o gasto «era excesivo dende hai anos para dotar outras máis necesarias».

Por outro lado, tras a recollida de datos coas asociacións da previsión de actividades para 2017, o Concello elaborou unha proposta de subvencións de ata 95.900 euros «que permitirá a dinamización das Neves, ademáis de polo Concello, tamén pola sociedade organizada».

Os maiores investimentos en obras e outros servizos serán acordados nas vindeiras semanas a través de proxectos que serán financiados co Plan Concellos e con axudas doutras administracións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.