Galicia

A CIUG encargarase de organizar a proba de final de Bacharelato, que podería adiantar a xullo a convocatoria de setembro

image_gallery-1

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e representantes da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e das tres universidades mantiveron este xoves a primeira reunión de traballo para avanzar na coordinación da proba final de bacharelato que substitúe á antiga Selectividade e que en Galicia se encargará de organizar a CIUG, como o viña facendo ata o de agora.

O obxectivo da xuntanza foi informar dos acordos acadados na Conferencia Sectorial de Educación e deseñar unha liña de traballo conxunta e cooperativa co organismo interuniversitario de Galicia e coas universitarias para “concretar” todos aqueles matices pendentes para a execución da proba.

Esta proba final de Bacharelato e que dá acceso á Universidade será practicamente idéntica á de agora, “cun escenario, uns contidos e unha metodoloxía moi semellante á que se viña facendo”, sinalou o conselleiro, Román Rodríguez.

Tamén se está a traballar na posibilidade de adiantar a xullo a convocatoria de setembro da proba, que se podería materializar a partir do curso 2017-18.

También te puede interesar