Galicia

O persoal dos centros de chamadas colga os cascos de xeito maioritario

2016-11-28-vigo-folgacentroschamadas-11A cuarta xornada de folga por un convenio digno nos centros de chamadas deste 2016 está a ter en Galicia un seguimento maioritario, segundo as estimacións da CIG. Para visibilizar o conflito que vive o sector, as traballadoras e traballadores realizaron mobilizacións en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense, cidades onde se concentran as grandes empresas, para rexeitar as pretensións da patronal de subir un miserento 1% os salarios, así como os recortes en horas médicas e as maiores dificultades para a conciliación, “medidas que, no seu conxunto, precarizan aínda máis as condicións laborais no sector”.

En Vigo, centos de traballadores percorreron en manifestación a distancia que separa Unísono, na Gran Vía, até Bosch, en María Berdiales. Na Coruña, fíxose unha marcha que, arrincando de Atento, percorreu Juan Flórez até a Praza de Pontevedra, con paradas diante das oficinas de La Caixa, Banco Pastor, Abanca, Gas Natural-Fenosa e Movistar. Todas compañías que teñen participacións en empresas do sector ou que teñen subcontratados os seus servizos.

Pola súa banda, en Lugo o persoal concentrouse ás portas de Abante BPO e en Ourense houbo protesta na Praza das Damas, diante da Confederación de Empresarios. Algunhas das proclamas que se puideron ouvir nas protestas foron: «convenios aquí e non en Madrid», «convenio digno, convenio galego, convenio que respecte os nosos dereitos» , «dereitos conquistados non poden ser roubados» ou «recortes e despidos para os directivos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.