_agenda Agenda

Vigo salta a escea con moito ego e valentía

Un momento de 'Ego', de Pinga Teatro.
Un momento de 'Ego', de Pinga Teatro.

O programa Vigo a escea trae dous novas obras de teatro para público adulto e familiar a dúas asociacións veciñais da cidade. Para pasar a tarde en familia, Artello-Teatro alla scala pon sobre o esceario ‘A do libro’ ás 18:30 horas na SCAR ‘Helios’ de Bembrive, unha historia que xira arredor da aldea ‘Chora-que-logo-bebes’ e dun dos seus veciños máis cativos, Perello. O pobo está rodeado por uns grandes muros que ninguén se atreve a saltar por todas as lendas que corren sobre o que hai máis ala das paredes de pedras. Agás este valente pequecho que non dubida en saltalo para descubrir de primeira man se todo é certo.

Pouco máis tarde, ás 20 horas, Pinga Teatro chega á AVCD-CSCR de Beade coa obra ‘Ego’. Un pintor pechado no seu estudio fai repaso da súa vida, aliándose cunha cámara de vídeo, para dar fe a si mesmo e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o eu máis egoísta, ás veces perverso, ás veces infantil e manipulador.

A entrada é sempre de balde.

También te puede interesar