Galicia

Empeza a campaña do boi e da centola en A Coruña e Pontevedra con poucas expectativas por parte dos mariñeiros

centolaEste domingo pasado abriu oficialmente a campaña extractiva do boi e da centola nas provincias de A Coruña e de Pontevedra. Logo de cinco meses de veda, os mariñeiros non semellan ter moi boas expectativas dadas as condicións do mar.

En concreto opinan que o feito de que houbese poucos temporaris é perxudicial e temen que haberá escaseza de exemplares nos aparellos que empezaron a botar onte. E iso que o inicio da campaña adiantouse case dúas semanas a petición do sector aínda que non todas as confrarías sairán: en Lugo a faena non comezará ata decembro.

Hai que lembrar que a cota máxima de captura establecida é de 35 quilos por barco e día aos que poden sumarse 35 máis por cada mariñeiro a bordo en cada xeira de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.