Comarcas Galicia

1.200 persoas participaron esta fin de semana no programa ‘En ruta coa @depo_es’

depo-en-ruta-01

‘En ruta coa Depo’, programa da Deputación de Pontevedra, organiza esta fin de semana novas saídas pola provincia nas que participan preto de 1.200 persoas pertencentes a asociacións de 14 concellos da pronvincia: Salceda de Caselas, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vilanova de Arousa, Soutomaior, A Illa de Arousa, Mos, A Guarda, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Redondela, Caldas de Reis e Lalín.

En concreto, nas rutas desta fin de semana participan o Centro Cultural e Veciñal San Xorxe (Salceda de Caselas); Asociación Cultural Con de Nerga (Cangas); Sociedade Española da Camelia e Asociación de Vecinos A Capela (Pontevedra); Asociación Cultural O Castro e ANPA San Juan de Baión (Vilanova de Arousa); Asociación de Vecinos Alxán (Soutomaior); Mulleres Rurais San Vicente de Paul (A Illa de Arousa); Asociación de Vecinos de Dornelas (Mos); Asociación de Fibromialxia Fibromiño e Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva O Cancelón (A Guarda); ANPA Catoira (Catoira); Asociación Coral Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa); A.V.C.D. Monte da Mina de Castrelos, Asociación Monteira Danzas do Mundo e AVSD Lavadores (Vigo); Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde (Redondela); Asociación Cultural Recreativa Ruliñas (Caldas de Reis) e Asoc. De Veciños de Moneixas (Lalín).

Estas asociacións realizan rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; polo conxunto histórico de Salvaterra, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do Miño; percorren Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; achéganse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitan os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico aldea de Codeseda; percorren A Guarda e o conxunto histórico de Tui; pasean en barco pola ría de Arousa con degustación gastronómica, descubrindo O Grove e os seus atractivos turísticos; achéganse a Redondela para visitar San Simón e realizan unha andaina por unha parte do Camiño Portugués do Norte e pasean por Baiona.

‘En Ruta coa Depo’ é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.