Vigo al minuto

@MareaVigo pide rescatar o servizo de Vitrasa logo da intención da empresa de paralizar o ‘bono metropolitano’

vitrasa-1O Grupo Municipal da Marea ven de esixir este mércores que se “lle paren os pes” a Vitrasa xa que ao seu entender a empresa o que pretende e “paralizar o bono metropolitano” dado que se nega a asumir o abono de 0,86€.

O voceiro de A Marea, Rubén Pérez, cualificou de insulto que a unha concesionaria, que debe estar sometida ao control do Concello decida paralizar o bono metropolitano para garantirse aos seus ingresos. Pérez amosouse partidario de estudar xa o “rescate da concesión municipal de transporte” e municipalizarlo.

Nos días pasados o Goberno de Galicia remitiu unha carta ao Concello para que axilizase a integración do transporte municipal no sistema metropolitano e, na mesma, avisaba ao Goberno local de que Vitrasa quería aplicar un custo de 1,32 € nos pagos coa Tarxeta Metropolitana, non 0,86 € que se recollen no convenio asinado polo alcalde Caballero e o presidente Feijóo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.